Benvida Ó NOSO BLOGUE!

O NOSO NOVO BLOGUE DÁVOS A BENVIDA!

EIQUÍ VERÉDESNOS NA NOSA ESCOLA, NUN IR E VIR DE ACTIVIDADES, A PARTIRES DE SETEMBRO DO 2016...

sábado, 25 de junio de 2016

ESCOLA DE LAGO DO CRA DE VALDOVIÑO- XUÑO 2016





REMATOU O CURSO, A ESCOLA LEVA ABERTA 10 ANOS COMO UNITARIA DE LAGO,
DO CRA "O ESQUÍO" DE VALDOVIÑO, no edificio da AVV de Lago, E ESTES SON OS ENDEREZOS MÁIS IMPORTANTES QUE TEMOS EN INTERNET:
programas de radio:
este o último en Ponte Nas Ondas:

EMPEZAR UNHA NOVA DÉCADA MERECE UN  NOVO  BLOGUE E VAI COMENZAR DESPOIS DA NOITE MEIGA DE SAN XOÁN PARA A NOVA ANDAINA NA QUE VAI HABER MOITOS MÁIS NENOS E NENAS NA ESCOLA.
Benvidos sexan os que entran na nosa escola 
e Boa Andaina, nos seus novos centros, ós que se van.
No novo curso neste blogue é no que se continuará 
contando a vida escolar da Escola de Lago.
BO VERÁN E ATA SETEMBRO!
         SABELA


ESCOLA DE LAGO DO CRA DE VALDOVIÑO a 23-AGOSTO-2016


De pronto, o día 5 de xullo as cousas tomaron outro xiro.
 Eu decidín pedir a xubilación porque a mononucleose non me abandoa e nestas condicións (levo con ela 2 anos desde que a collín dos nenos e nenas da escola en xuño do 2014) non poido seguir facendo o tipo de escola que sempre fixen...
Os resultados dos análises do 22 de xullo o confirmaron e posteriormente  a reacción que tiven á Amoxicilina veuno corroborar polo que foi unha decisión ben tomada para que así se garantice un novo profesor para o 1 de setembro xa que conseguín que me diran a xubilación para o 31 de Agosto,
 data en que deixo de ser profesora de Lago 
e este blogue xa non estará ó meu cargo.


Finalmente o blogue aberto para unha nova etapa conmigo,

 vai ser, efectivamente, total e absolutamente nova, e sen min.

Benvida ó novo profesor ou profesora!
Boa andaina para todos e todas
Cos mellores desexos
Sabela